All-Ireland Senior Hurling Championship

Modelo:Competición deportivaAll-Ireland Senior Hurling Championship
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
DeporteHurling Editar o valor em Wikidata
OrganizadorAsociación Atlética Gaélica Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísIrlanda Editar o valor em Wikidata
Vixencia1887 – Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialgaa.ie… Editar o valor em Wikidata

O All-Ireland Senior Hurling Championship é a principal competición de hurling no mundo. Este campionato é unha serie anual de partidos xogados en Irlanda durante o verán e o comezo do outono organizado pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). O trofeo lévase xogando dende o ano 1887 coa excepción do ano 1888 no que non se disputou.

Normalmente, a final xógase o primeiro domingo de setembro en Croke Park que serve como culminación dunha serie de partidos xogados durante os meses de verán, e os resultados determinan que condado recibe a Liam McCarthy Cup. Nos seus comezos, o campionato foi unha competición de eliminación directa na que só xogaban os campións de cada provincia irlandesa. Durante os anos 1990, a competición ampliouse, incorporando en primeiro lugar un "sistema de porta atrás" e despois unha fase de grupos de todos contra todos. Actualmente o All-Ireland consta de varias etapas. No actual formato, o trofeo empeza a finais de maio cos campionatos provinciais de Leinster e Munster. Unha vez derrotado o equipo no provincial, a GAA concédelle ao equipo do condado outra oportunidade de gañar o título. Os campións de Leinster e Munster gañan un posto automático nas semifinais. Aí únense os dous gañadores da clasificación do All-Ireland a través de só dous cuartos de final.

Trece equipos participan no campionato actualmente. Os máis dominantes veñen das provincias de Leinster e Munster. Cork, Kilkeny e Tipperary son considerados "os tres grandes" do hurling. Entre estes tres equipos gañaron 90 de 126 (aprox. 72%) títulos realizados durante a súa historia. O título tense gañado por 13 conxuntos diferentes, dos que 10 gañaron o título máis dunha vez. O récord de títulos teno Kilkeny, con 35 títulos.

A final do All-Ireland Senior Hurling Championship é considerada pola CNN como o segundo dos seus "10 eventos deportivos que hai que ver en directo", despois dos Xogos Olímpicos e diante da Copa do Mundo da FIFA e da Copa de Europa. O actual campión é Kilkeny.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy